miércoles, 16 de marzo de 2016

ESCRIBIR E FALAR

Co Ipad da alumna estamos a tentar xeitos de comunicación que a axuden a superar o mutismo selectivo, O programa utilizado é unha app "NaturalReader" para Ios gratuita. Neste caso trátase dun copiado pero o obxectivo final é ir gravando un bloque de mensaxes que ela poida reproducir noutros ambientes. O micro configurase a través de "Siri" pero non recoñece a voz da alumna tan ben como quixeramos.
Outro obxectivo é o de decatarse que a comunicación oral é moitisísisimo menos laboriosa que a escrita.